jueves, 26 de marzo de 2009

A vella fritindo ovos


















O comentario desta obra dedícollo a Tere de "Camino incierto" ela foi a que me mandou a foto da obra


Diego Velázquez.

Pintura barroca española. 1618.
Edimburgo, National Gallery of Scottland. Óleo sobre lienzo. 99 x 169 cm.

Contexto histórico
O descenso demográfico foi a primeira manifestación da crise xeneralizada que arrasou a Península no século XVII, agravada polas grandes epidemias. Condicionou a repartición da riqueza en poucas mans e afectou profundamente aos máis desfavorecidos.
A pesar da grave crise económica e política que sofre España no século XVII, é un período de esplendor cultural e artístico ("Século de Ouro"). A clientela dos pintores son as igrexas e conventos, que son ricos e poderosos; os nobres e a Corte prefiren aos artistas estranxeiros; a burguesía case non existente, aínda que en Sevilla hai ricos comerciantes flamengos e italianos. A maior parte da produción é pintura relixiosa contrarreformista sen que apenas exista pintura mitolóxica nin histórica, sendo escasa a pintura paisaxística. Cultívase moito o bodegón e o retrato, xéneros nos que vai brillar Velázquez.


Trátase dun cadro de xénero, moi usual na arte española do século XVII e característico da primeira etapa do pintor, cando aínda traballa en Sevilla.


Iconografía:Aparece unha vella no momento de fretir uns ovos nunha tarteira de barro sobre un fornelo, revolve o aceite cunha culler de madeira á vez que se dispón a cascar outro ovo. Levanta a mirada, con expresión de cega, cara ao rapaz situado á esquerda, que leva unha botella de viño e un melón. Ao fondo colga unha esporta (especie de cesta con dúas asas feita de esparto) e no chan vemos un caldeiro de cobre. Á dereita, nunha mesiña, hai unha natureza morta: un morteiro, prato con coitelo, cebola e dúas xarras de cerámica. A vella e o rapaz son os mesmos personaxes populares que aparecen noutros cadros da época pintados por Velázquez.

Composición: Está moi lograda, sinxela, de poucos personaxes. Organízase en forma oval, cunha gran curva que vai desde a esporta colgada, no centro, pasando pola cabeza e ombreiros da vella, segue polo seu brazo e lévanos cara á tarteira e ao rapaz; outras curvas máis pequenas dan dinamismo, como a do brazo coa culler e unha diagonal que cruza o cadro desde a cabeza do mozo ata a mesa con obxectos. O pintor utiliza o recurso das medias figuras que aparecen moi reais e próximas ao espectador, para imprícalo na acción, o que consegue tamén coa mirada do rapaz. Algúns obxectos aparecen en escorzo, como a culler, o coitelo, a man do morteiro. A escena carece de movemento, hai unha gran quietude, coma se fosen sorprendidos nun instante.

A técnica é tenebrista, con contrastes de luces e sombras sobre fondo escuro, pero é un tenebrismo que fuxe dos tópicos caravaggiescos conseguindo uns efectos de matizado claroscurismo pleno de orixinalidade e profundo sentimento. Os obxectos da natureza morta parecen moi naturais debido ao virtuosismo con que o pintor soubo mostrar os seus brillos, calidades e texturas opostas ( rugosas, como o melón e a culler, e puídas no ovo e cristal).
A cor é moi austera, predominan os tons ocres e pardos. A touca da anciá, os ovos, o prato e a xarra son manchas brancas que contrastan coa escuridade do fondo. As pinceladas son grosas.
O debuxo está moi conseguido, os contornos nítidos e recortados, aínda que o pintor concede gran importancia á luz e á cor.

Neste cadro están todas as características propias do Barroco: composición con predominio de liñas diagonais e curvas, colorido variado, cunha cor predominante para dar unidade ao cadro, contrastes de luces e sombras; pouca importancia da liña; naturalismo e gusto polos detalles; falta de claridade, etc.

Significado da obra: en aparencia é soamente un bodegón. Unha cociña, unha escena vulgar dunha casa sevillana, pero aínda que parece unha imaxe realista pode tratarse dunha reflexión visual sobre os sentidos do Tacto e da Vista como instrumentos de coñecemento da realidade; a vella, case a cegas, tentea coa culler entre as mans e o rapaz mira a variedade dos obxectos.

2 comentarios:

  1. No me había percatado de que ella pudiera ser ciega o casi ciega,la descripción tan realista me atrapa totalmente,es como una foto hecha desde el lado del niño ya que se ve la sombra del cuchillo sobre el plato,es cierto que no hay intercambio visual entre los dos personajes,cada uno de ellos parece concentrado en pensamientos distintos.
    El comentario tan detallado de la obra me lleva a consultar el libro del que escaneé la obra y dice que se la considera un "prodigio del cálculo" por la "rigurosa" diagonal que separa (desde el vértice superior a la izquierda)las dos figuras.
    También comenta que el esfuerzo un poco confuso por componer los muchos elementos del bodegón hace pensar que sea un trabajo juvenil(1618) fecha que ha aparecido en una limpieza hecha del lienzo en 1957.
    Mi libro es de 1970,no sé si el cuadro sigue estando en la Galería escocesa.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  2. Tere.

    Efectivamente se encuentra en la National Gallery de Edimburgo desde 1955, fecha en que fue adquerida a los herederos de Frederick Lucas Cook en 57.000 libras. Tras una limpieza sufrida por el lienzo apareció la fecha, aunque resulta de difícil lectura las dos cifras finales. (1618 más o menos)
    Bicos

    ResponderEliminar