lunes, 23 de febrero de 2009

Escultura Helenística Feminina

Venus CalipixiaAfrodita, Eros e Pan

Venus aniñadaVictoria de Samocracia.

Venus de Milo. As tres Grazas

Venus púdicaVenus Helenística

A escultura grega helenística é unha evolución do período grego clásico. As súas principais características son: Acentuación das formas, que nos leva a un barroquismo que se deixa ver na manifestación dos sentimentos, maior movemento e gran variedade de actitudes. Multiplicación de temas, o relixioso cada vez abandoase máis mentres abundan as representacións de anciáns, nenos, Venus e mitoloxía. Xorden escolas e hai unha expansión cara a Asia Menor e a área oriental do Mediterráneo. As escolas máis importantes son a de Pérgamo, Rodas e Alexandría. Non é que teñan características específicas nin se coñecen exactamente os autores, é só porque son obras realizadas en relación a unha cidade. Non sempre se coñecen os autores e moitas obras consérvanse por copias romanas. Escopas e Lisipo influirán enormemente durante todo o helenismo.
Venus Aniñada é unha obra do s.III. a.C. Hai distintos modelos, todos en mármore. Marca unha serie de pliegues que contrastan coa lisura da postura anterior. A cabeza está volta cara ao lado contrario.
Venus de Milo é do s.II. a.C. É orixinal e está realizada en mármore. Non se sabe quen é o seu autor, aínda que algunhas letras parecen darnos algunha pista, pode ser Axexandros ou Alexandros. É moi bela, cunha beleza serena. Ten múltiples puntos de vista. Mostra un gran movemento. Faltan os brazos, que se supón que con un se suxeitaba a roupa e co outro probablemente levaba unha froita, seguramente unha mazá. Hai un grande interese no tratamento do cabelo.

Venus do Delfín é totalmente distinta ás anteriores. Está medio vestida e retírase a túnica deixando ao descuberto a parte de atrás compracéndose coa visión do seu propio corpo. Hai movemento, retórcese pero non de forma violenta. As formas curvas do corpo contrastan coas rectas e verticais da tea.

Escola de Rodas

A Vitoria de Samotracia é do s. II e o seu autor non se coñece. O seu antecedente é a vitoria de Paionos de Mende. É unha vitoria que acaba de pousarse na proa dun barco, de aí o estudo do corpo e das teas. Hai un gran movemento en distintas direccións. A tea é moi fina e está pegada ao corpo, permite observar a anatomía perfectamente, pero tamén hai zonas nas que se xuntan con numerosos pregues e liñas en diagonal. As plumas das ás tamén son moi reais.

lunes, 16 de febrero de 2009

A MULLER NA ESCULTURA GREGA IV

Ménade furiosa

Scopas (S. IV a. de C.) foi outro dous grandes escultores, nacera en Paros, e fixo obras para Asia Menor e o Peleponeso, decorando algúns edificios públicos, como o templo de Atenea en Texea e o Mousoleo de Halicarnaso.
Scopas caracterízase por revelar as interioridades da alma, como o amor, a sensualidade, a desesperación, a nostalaxia, a inquietude, ou desexo, etc. Tivo predilección polas representacións máis tráxicas. O seu ideal aparece ostensiblemente expresado na súa popularísima Ménade, que está posuída dunha furia dionisíaca. Nesta obra vese a tendencia sensualista do escultor.
A Ménade en pleno éxtase, semivestida, aparece nunha violenta contorsión, debuxando o seu corpo unha curva pronunciada, xa que está inclinada cara atrás, abrindo provocativamente o vestido por un só dos seus lados por efecto do violento movemento, coa cabeza elevada, torcida, mirando cara arriba, os ollos afundidos e o pelo rizado caendo por detrás. Rompeuse a serenidade e o equilibrio fidíaco mediante a plasmación do frenesí da ninfa, xa que toda ela se move. De novo para os escultores gregos, a alma represéntase a través de todo o corpo. É destacable o traballo moi profundo dos panos que provoca violentos contrastes de luz e sombra, realizados coa técnica de "panos mollados" adheridos ao corpo, transparentándoo. Os beizos entreabertos e os ollos afundidos contribúen a aumentar o claroscuro da imaxe.