imaxes tomadas da internet
O Panteón de Roma é un templo circular construído a comezos do Imperio Romano dedicado a todos os deuses (do grego (Πας-πασα-παν) pan=todos e (Θεών) theón=deuses). A idea inicial debeuse ao xeneral e político romano Agripa (63-12 a d C), que cara ao 27 a d C decidiu iniciar este monumento proba da tolerancia relixiosa. Pero debido a sucesivos incendios hóubose de reconstruír un século e medio despois por mandato de Adriano, cuxo nome non aparece nas inscricións debido ao rexeitamento deste emperador a que o seu nome figurase nas obras levadas a cabo baixo o seu mandato, moi ao contrario que o seu predecesor Traxano.
O Panteón consta dun pórtico con oito columnas que dá paso a unha enorme rotonda de 43,50 metros de diámetro, cuberta por unha cúpula da mesma altura, que dan lugar ao maior espazo diáfano ou libre nunca construído ata entón. A cúpula está decorada con casetóns e presenta no seu centro un gran óculo.
O Panteón é un caso excepcional na arquitectura relixiosa romana, que, en xeral, baseouse sempre nos modelos helenísticos de planta rectangular con cuberta arquitrabada. O Panteón, pola contra, incorpora a planta circular na cella e unha prodixiosa cuberta abovedada na que levan ás últimas consecuencias as posibilidades da técnica do formigón posta a punto polos romanos na arquitectura civil.
O equilibrio e durabilidade da obra asegurouse polo procedemento de alixeirar a construción todo o posible sen reducir a resistencia da estrutura. No muro que forma o tambor da cella practicáronse capelas e fornelas que reduciron o peso. Toda a obra estréitase a medida que progresa en altura. Nas zonas máis baixas incorporáronse ao formigón os materiais pétreos máis pesados e resistentes á compresión, mentres que as zonas superiores inclúen outros máis lixeiros e porosos. Nalgúns puntos alixeirouse a obra mediante a incorporación de ánforas cerámicas no morteiro. Os casetóns da bóveda de media laranxa permiten reducir o peso sen debilitar a cuberta. As capelas e casetóns facilitaron o secado das enormes cantidades de formigón empregadas.
O recordo da tradición do templo romano maniféstase nunha visión frontal desde o exterior. Nela resulta dominante o pórtico octóstilo de planta rectangular co seu frontón. En cambio, o espazo interior da cella sorprende e revoluciona o concepto do templo, que aquí non se concibe como morada dun deus, senón como espazo habitable para os fieis.

Me apasiona la Historia del Arte,la elegí como optativa en C.O.U. pero no he dejado de comprar libros y colecciones de todas las Artes.
ResponderEliminarTú harías maravillas de comentarios con todas las fotos de arte que trajeron mis hijos de Londres y Nueva York,para mí es demasiado cansado,me falta salud.
Abrazos
Gracias Tere, el arte es mi pasión y Miguel Ángel mi ídolo, me gustaría haber vivido en su época y ver como golpeaba los bloques de Carrara para hacer salir las figuras que dormían en su interior.
ResponderEliminarYa vi algunas de las fotos que te trajeron tus hijos, son una maravilla...
La salud a veces nos da malas pasadas y ante eso queda muy poco que decir. Yo te envio un montón de energía positiva, a ver si sirve de algo.
Un bico