O Erecteión está situado no extremo norte da Acrópole de Atenas.
A primeira fase dos traballos iniciouse no ano 421 a.C. e chega ata o 414 a.C. dirixidas polo arquitecto Filocles. As obras non se renovarían ata o 409 a.C., sendo finalmente concluído o edificio no 406, pouco despois de ser rematado sufriu un aparatoso incendio pero foi reconstruído axiña.
A complexidade dos seus colariños e capiteis non ten parangón nin paralelos, foi a obra dun innovador, rexeitada nos séculos seguintes por unha incomprensión que non entendemos.
Debéronse salvar dificultades topográficas aínda maiores que no caso dos Propíleos, pois o Erecteión álzase sobre un terreo que declina rapidamente cara ao norte e cara ao oeste, alcanzando un desnivel no eixo este-oeste de tres metros. Pero, sen dúbida, non foi este o maior problema, senón o feito de que no espazo elixido para a súa localización tiñan a súa sede os principais cultos tradicionais da cidade que o arquitecto houbo de respectar escrupulosamente.
A planta deste edificio sería incompresible se ignorásemos que foi planificado para incluír nun só complexo varios espazos sacros moi antigos que configuraban a esencia relixiosa da cidade, había que aloxar dentro polo menos dez deuses, heroes e heroínas, os tres máis importantes eran Atenea. Poseidon e Erecteo, cada un co seu santuario propio .
A solución que aplicou foi a realización do edificio en dous niveis diferentes separados por un desnivel de tres metros, obrigado polos restos do templo de Atenea Polias, o muro e o pórtico meridional levantáronse sobre a parte setentrional do templo anterior.
Esencialmente o seu interior estaba dividido en dous partes independentes: unha orientada ao leste e outra, mais extensa, ao norte. Cada templo posuía un pórtico sustentado por columnas xónicas.
O entaboamento posuía un friso continuo decorado con figuras talladas en mármore branco sobre un fondo de pedra negra azulada de Eleusis, este friso percorría todo o complexo e dáballe unidade.
A parte central do Erecteion situouse no eixo este-oeste, o máis importante do monumento. A fachada principal disponse ao leste ou levante e por ela accédese a unha primeira cella dedicada a Atenea Polias.
O outro eixo do templo desenvólvese en dirección norte-sur e o seu acceso efectuábase por un gran pórtico que conduce ás outras tres cellas do templo. Concretamente, desembocábase na cella máis grande dedicada a Poseidón Erecteo, ámbito no que se custodiaba a súa tumba e o Mar de Sal.Esta cella comunicábase visualmente co pórtico das Cariátides, miradoiro que se situaba fronte ás terrazas da Acrópole e que tiña enfronte o Partenón. Este pórtico, desde o punto de vista clásico, constitúe unha achega xenial e pechando parcialmente o espazo, no cal se atopa a tumba de Cécrope, o mítico deus-serpe fundador de Atenas. Desde a cella de Poseidón Erecteo accedíase a outras dúas cellas interiores que estaban dedicadas, unha, aos antepasados míticos e, outra, a Hefaistos.
No extremo oeste do templo, xa no exterior, atopábase outra reliquia moi importante, a oliveira sacra de Atenea.
A fachada oriental esta formada por un pórtico próstilo hexástilo de orde xónico. Por outra banda, na fachada occidental as columnas foron substituídas por semicolumnas encostadas a semipilastras. En orixe, os tramos deste lado pechábanse cunha balaustrada que foi substituída en época romana polos muros e fiestras actuais. Esta peculiar solución ao lado oeste veu imposta polo xa mencionado desnivel de tres metros con respecto á beira este, pero sobre todo polo monumental pórtico disposto no lado norte.
O pórtico setentrional sobresae con respecto á fachada oeste na zona do pedestal facendo unha especie de cantoneira que na práctica impedía outorgar un aspecto máis monumental á fachada oriental.
Este pórtico norte forma unha especie de baldaquino xónico en cuxo pedestal se encerra un altar consagrado a Zeus e Poseidón.
A pesar da torpe ensamblaxe deste elemento co resto do edificio, o Erecteion constitúe unha obra mestra da orde xónico cun tratamento exquisito de todos os detalles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario