lunes, 23 de marzo de 2009

O Xuízo Final






Autor: Miguel Anxo
Data:1536-41
Museo: Capilla Sixtina (Roma)
Características:1370 x 1220 cm.
Material: Fresco

O Xuízo Final, encargado por Clemente VII en 1534 e confirmado por Paulo III en 1535, foi comezado en 1536 e rematado en 1541. Proxectouse para cubrir a parede do fondo da Capela ata o arranque da bóveda, para o que se tivo que suprimir un par de fiestras, así como varias pinturas de Perugino.

Descrición iconográfica
Son unhas 400 figuras, concibidas como unha composición unitaria, non hai comportamentacións arquitectónicas e está dividida en catro rexistros horizontais. Os dous superiores están dedicados ao mundo celestial, mentres que os dous inferiores ao terreal e ao inferno. Os lunetos superiores mostran aos anxos cos instrumentos da Paixón.
No centro, a figura de Cristo-Xuíz, atlética, vigorosa e iluminada. Á súa dereita, a Virxe e apóstolos e patriarcas. Aos seus pés, as figuras de san Lorenzo e san Bartolomeu.
Nun segundo friso, corpos espidos de elixidos que ascenden e pecadores que baixan como suspendidos nun tapiz plano que renuncia á profundidade. Na pel do desollado Bartolomeu, un autorretrato de Miguel Anxo.
No espazo central do rexistro inferior áchase o grupo de anxos tocando as trompetas, mentres dous deles sosteñen o pequeno Libro.
Abaixo, as tumbas entreabertas de onde saen os corpos reencarnados e a lagoa Estixia coa barca de Caronte. Algúns condenados loitan en balde para fuxir dos diaños, e outros lánzanse desesperados ao remuíño. No centro do rexistro inferior, e en contraposición ao eixo en que se acha a figura de Cristo, represéntase a boca do Inferno.
No Xuízo Final ensáianse todas as posibilidades de movemento, actitude, escorzo e agrupación da figura humana.

Na composición valóranse igualmente os espazos baleiros e as masas que se presentan con independencia, aínda que cun ritmo e un sentido non clásico da perspectiva. As figuras experimentan un aumento de escala a medida que se achan nos rexistros superiores. O grupo central ten unha escala maior que o superior e que os grupos laterais deste mesmo rexistro. Establece, pois, unha alteración da perspectiva en función da xerarquía e do significado das figuras, rompendo así a sensación planimétrica da composición e o efecto de horizontalidade que poderían producir os distintos rexistros. O efecto final é o dunha composición plasmada sobre unha superficie convexa.
O xesto de Cristo pon en movemento irresistible o conxunto tumultuoso. A perfección clásica e o equilibrio do teito dan paso aquí a un desbordamento dramático e a unha violencia pesimista, que pode considerarse xa manierista, polo seu desprezo da claridade e a súa compracencia no caprichoso; as figuras retórcense sobre si mesmas, e para soster as súas masas nun espazo baleiro, Miguel Anxo desenvolve, dentro das mesmas masas, unha forza de empuxe que as subtrae á inercia, e asocia despois todos estes movementos nun ritmo único que reúne nun remuíño rotante as caídas e os empuxes. Á esquerda todo é ascenso fatigoso, á dereita descenso freado, pero o xiro é continuo en torno ao espazo baleiro do centro.
Deus-Xuíz, espido, atlético, sen ningún dos atributos tradicionais de Cristo, é a imaxe da suprema xustiza. Miguel Anxo concibe a composición como unha masa de figuras que rotan ao redor de Cristo, cuxa figura emerxe nun limbo de luz.

1 comentario:

  1. El hombre renacentista como amante del saber en toda su extensión,no solamente se dedicaba a un aspecto de la realidad sino que tenía la necesidad de conocer con detalle la figura humana en su totalidad,parecen dibujar cada músculo,son figuras poderosas.
    Pienso que tanto Miguel Ángel como otros grandes artistas de la época,aunque trabajaban por encargo y bajo la protección de un mecenas,hacían lo posible para que su concepción de la vida apareciera en su obra ya que mirando sus pinturas y esculturas no parecen estar dentro de lo que hasta entonces se entendía como religioso.
    Ahora recuerdo las Madonnas de Rafael tan púdicas,tan espirituales al lado de esa dramática figura de Maria y su hijo.
    Abrazos

    ResponderEliminar