martes, 24 de marzo de 2009

O augador de Sevilla





106 x 82 cm.
Velázquez cara a 1620, etapa sevillana
Welington Museum de Londres.

A obra é un expoñente do estilo naturalista propio da pintura do século XVII en boa parte por influencia da pintura de Caravaggio e en xeral das obras que chegan de Italia. O manexo de luces e sombras, os esfumados, o realismo das figuras, a atención aos temas cotiáns, ou o tratamento da cor, son os puntais que utiliza o mestre nos seus cadros.
Deste cadro coñécense outras tres copias con pequenas variantes.
O mozo colle a copa da propia man do augador. A copa ten un figo no fondo, recurso que se utilizaba na práctica para aromatizar a auga. Entre eles, case na penumbra, sitúase outro personaxe que bebe dunha xarra. O cántaro do primeiro plano, sobre o que apoia a outra mano o augador, zumega unhas pingas de auga, e é unha pintura dificilmente superable.
Como modelo do vendedor de auga, Velázquez retratou a un coñecido personaxe de Sevilla ao que popularmente se coñecía como "o Corzo" (o corso).

A composición é superior no Augador, describindo unha espiral luminosa que, partindo do cántaro do primeiro termo (que o artista sitúa fóra do cadro, xa no espazo do espectador, como fará despois cando pinte o chan das Meninas) e pasando pola alcarraza máis pequena, colocada sobre unha mesa ou banco (á súa vez portadora dunha cunca branca), conclúe nas tres cabezas dos personaxes, por orde de idades, rematando polo vello augador.
Este, mentres "saca" a man esquerda do espazo da escena, para suxeitar a asa do cántaro grande, tende coa destra unha grande e elegante copa de cristal fino, chea de auga transparente, en cuxo fondo pódese ver a un figo, destinado segundo os comentaristas a perfumar a auga, "de virtude salutífera" segundo Camón, pero que puidese ser un símbolo sexual. Un neno, coa cabeza levemente ladeada, apréstase respectuosamente a coller a copa; polo seu traxe escuro e o seu pescozo parece persoa de certa condición. Entre a cabeza de ambos interponse, en penumbra, a dun mozo de máis idade, que bebe avidamente dunha xarriña de vidro. Esta composición poida que signifique a "Sede", pero tamén "as tres idades do home", nunha sorte de cerimonia iniciática: o vello tende a copa do coñecemento ao adolescente, quen a recolle coa mesma gravidade, sen mirarse entre eles, nin á copa. O mozo, máis vulgar, do fondo, bebe da súa vulgar xarra de vidro soprado, con ansia. "A Vellez tende á Mocidade a copa do coñecemento, que a ela xa non lle serve, mentres o home de media idade bebe con pracer". O vidro transparenta o froito e a auga, ata entón escondida no cántaro de barro.
Domina nesta escena inmobilidade. O coidado do debuxo e materia están levados ao extremo. Dentro da etapa sevillana Velázquez nunca chegou tan lonxe, coa novidade da aludida rotura do cadro, esa apertura do espazo do marco cara ao espectador, en cuxo propio espazo, ao alcance da man na súa perfección de valores táctiles, está xa o cántaro grande, precursor dos bodegóns de Cézanne e Xoán Gris.



2 comentarios:

  1. Es genial,mira que copa,cuanto realismo en esa pieza abollada..
    Abrazos

    ResponderEliminar
  2. Como licenciada en Románicas, comprendo perfectalemte el gallego, pero no me atrevo a intentar contestarte en tu lengua, que me gusta mucho, de hecho, es una de las que utilizo en mi novela "La delicada piel del alma", que transcurre en parte en Galicia.
    El realismo velazqueño es admirable, llega a cotas tan altas que se cuentan de él anécdotas en que logró que se confundiera un dibujo suyo con una imagen real.
    Ese cántaro que gotea y rezuma humedad...., ese cristal transparente..., esa piel de los rostros curtidos o jóvenes...
    ¡Magníficas fotografías!

    ResponderEliminar