miércoles, 14 de octubre de 2009

Rembrandt Van Rijn


Dánae,

O Hermitage, San Petersburgo.
165 x 203 cm. Pintura ao óleo sobre lenzo 1636.

Comentario

Na Dánae, a escena amorosa sobrenatural desenvólvese nun interior por completo reservado, concentrado no leito da doncela, entreabrindo o seu pesado cortinado de veludo verde oliveira, á visitación da deidade lumínica e á avidez do espectador; pero, é, sen dúbida, a máxica sutileza da corporización do esperado amante na luz a que opera a fascinante unidade pictórica do lenzo.

Rembrandt matiza o descenso do aura graduada da luz cunha fineza exquisita, esparéxea sobre as brancas sabas, intensificando os dourados do sobrecargado dosel e a pata da cama, resaltando no pálido vermello do mantel que cobre a mesa de noite, sobre as zapatillas deixadas no chan e modelando coa súa calidade dourada a pel de Dánae; ela adianta o seu brazo no que tintina, con timbre peculiar, o coral ou rubí da súa pulseira e sobre a súa fronte intensamente iluminada os escintileos avermellados do pelo recollido; o seu sorriso é tan insinuante como o xesto da súa man. Un anxo de ouro por riba da cabeceira da cama, parece deseperarse, mentres que a criada interroga coa súa mirada ao invisible descoñecido.
Intenso resplandor sensual, nada platónico, que irradia o corpo da mítica princesa na súa alcoba, estendida sobre os coxíns, semi-levantada sobre o seu brazo esquerdo, e mostrando as coxas, o ventre e os seos ao espectador.

A Danae é unha obra que non tivo un destino moi sereno nos tempos actuais (1985 un lituano chamado Bronius Maigis atentou contra a obra tirándolle ácido sulfúrico e realizando diversos cortes cun coitelo).

3 comentarios:

  1. Rembrandt es unos de los pintores que más me encantan.

      Cuando estudiaba quedé con su talento en la obra pictórica de

      Boquillas

    ResponderEliminar
  2. Rembradt es uno de los mayores exponentes del Barroco, me encanda la luz y las sombras. Un saudo

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas por facerte seguidora do meu humilde traballo. Os teus blogs son impresionantes, boísimos e dunha calidade única. Unha aperta.

    ResponderEliminar