lunes, 19 de octubre de 2009

GAUGIN


Estudo dun nu ou Suzanne cosendo,1880


A visón do sermón ou a Loita de Xacobe co Anxo, 1888
É unha das primeiras do estilo simbolista. Foi pintado para unha igrexa da zona pero o párroco rexeitouna; en primeiro plano vemos a unha serie de figuras de mulleres bretoas coas súas características cofias, en actitude de rezar, mentres ao fondo coloca a suposta visión que teñen as devotas tras o sermón, onde aparece Xacobe loitando co anxo, sendo esta escena a parte simbólica, aínda que o artista represente ambas imaxes de xeito simultáneo.


O Cristo amarelo, 1889


Autorretrato con nimbo, 1889


Hina te Fatou (A lúa e a terra)1893
Os tahitianos crían que a orixe da creación, baixo a forma de Fatou (espírito animado da terra) estaba en unión con Hina (deusa da lúa), con Taaroa (deus do universo). O autor estaba fascinado coa súa mitoloxía.


De onde vimos?, Quen somos?, A onde imos? 1898
O nacemento, a vida e a morte. Ciclo vital cheo de todo; o bo e o malo.
É unha forte conclusión das súas meditacións. Pintura chea de símbolos, ideas, sensacións e que mostra a nosa procura do sentido da existencia.



Nevermore (Nunca máis) 1897

A moza está deitada, o seu corpo dourado dun sinistro verde, mentres medita sobre o misterio da súa existencia. Un corvo cego colga da súa fiestra como un simbólico "paxaro da morte" (inspirado polo poema O corvo de Allan Poe, un dos autores preferidos dos simbolistas). Dúas mulleres falan con urxencia mentres a rapariga xace illada e asustada sobre o seu espléndido almofadón amarelo.



O cabalo branco, 1898
Esta obra debe moito a escultura e ao baixorelevo. A composición é tratada coma un friso.


Xinetes na praia, 1902
A escena é simplificada ao estilo das estampas xaponesas.



Unha constante en Gaugin son os grandes temas, el ten o convencemento de que hai que afastarse dos valores literarios da pintura ao longo da historia. Como un visionario relixioso nunca abandonou as visións alegóricas; primeiro na Bretaña: Visión despois do sermón (Pont-Aven 1888), Cristo amarelo (Pont-Aven 1889), Cristo verde ou Calvario bretón (Pont-Aven 1889).
Cando chega a Polinesia centrase en contidos simbólicos das súas crenzas: Día de Deus(Tahiti, 1894), De onde vimos?, que somos?, a onde imos? (Tahiti, 1897) ou O espírito dos mortos vela.

A muller foi outro dos seus grandes temas: cabezas, corpos, a muller, vestida, espida, deitada...
Retratou personaxes, amigos, familias, pero por riba de todo autorretratos.

Pero estudando a Gaugin, os temas que obrigan a recoñecer a súa obra, sen lugar a dubidas, son as súas paisaxes tropicais: tahitianas, misterios na selva..., que transmitirán ao mundo as súas formas, as súas cores, para que o público se esqueza da imaxe que representan.


O óleo foi a súa principal forma de expresarse, a maioría da súa obra esta realizada nesta técnica. A acuarela e o tempero empregos tamén en moitas realizacións.


Nas súas composicións transforma, crea un mundo de figuras en primeiro plano, de fondos cerrados, de espazos novos, que non teñen nada que ver coa perspectiva tradicional, por exemplo, A visión despois do sermón.


A simplificación compositiva será unha constante na súa obra, permítelle a investigación sobre as formas simples e sinxelas da arte primitiva, e das primitivas composicións da infancia.


A simetría por equivalencias, a horizontalidade marcada, imponse como nos horizontes reais. As liñas curvas ou redondas, angulares ou rectas, lense facilmente. Estas formas énchense de cor "arabescos lineais que encerran superficies lisas de cor modulada (...) linguaxe lineal, alusivo e líptico..."

Gaugin aprendeu dos impresionistas que podía aplicar a cor pura sen expresar materia e que podía conseguir volume nas figuras sen modelado. As súas paisaxes tiñan que dobregarse a natureza, e conseguir un espazo, ausente de perspectiva tradicional. Liñas simples de composición, que encerran horizontes e que orixinan un novo concepto de espazo simbólico. As curvas e as rectas terán a súa propia expansión e beleza.
O significado da obra de Gaugin non pode entenderse sen chegar as seguintes lecturas: Foi un Simbolista, porque soubo abstraer as leccións da natureza, transformándoas na súa mente e plasmándoas. Inxenuista pola utilización que fai do primitivo (a arte exipcia, bizantina cando segue a técnica do cloisonnisme). Tamén as pinturas góticas cargando as súas cores de luz coma no medievo. O exótico abraio cando profunda nas estampas xaponesas.

5 comentarios:

  1. Esta entrada se la dedico a Felipe del blog Reflexiones, por darme la idea esta mañana con su entrada.
    Gracias Felipe

    ResponderEliminar
  2. Gracias a ti por la exposición tan clara que en haces Paul Gaugin.

    Es un pintor que me encanta por su pasión por el color de

    besos

    ResponderEliminar
  3. Que casualidad, en este momento estoy leyendo un libro sobre la vida de Gauguin y su abuela Flora "El paraiso en la otra esquina" Gauguin abandona su vida burguesa y se va a Tahití, y su abuela Flora que lucha por los derechos de las mujeres. Gracias Dilaida por enseñarnos cada día un poco más del arte. Saudos

    ResponderEliminar
  4. Grazas pola visita e comentario. O teu blog é un "libro aberto" de información impresionante e ademáis dunha calidade boísima. Gauguin como un dos puntais da arte contemporánea merece estar sempre presente. O libro a que se refire "lembranza" é de lectura obrigada para os/as amantes deste pintor, Vargos Llosa expòn maxistralmente non só a vida e inquedanzas de Gauguín senón tamén das reivindicacións da clase traballadora na vida de "Flora Tristán". Unha aperta.

    ResponderEliminar
  5. Moitas grazas polo teu comentario. Unha aperta.

    ResponderEliminar