viernes, 9 de octubre de 2009



A Liberdade guiando ao pobo (el 28 de Xullo de 1830), óleo sobre lenzo
Delacroix 1830
Museo de Louvre

O tema da obra é a insurrección parisiense que tivo lugar os días 27, 28 e 29 de xullo de 1830 denominadas «as Tres xornadas gloriosas».


Iconografía

No cadro aparecen mozos, adultos, clase obreira, burgueses e soldados defendendo á Liberdade que neste caso identifícase con Francia e é representada como unha muller empuñando un fusil e co peito ao descuberto, feito este último que escandalizou aos críticos e a parte da sociedade. Entre os mortos do primeiro plano (abaixo, á dereita do espectador) aparecen tamén soldados leais a Carlos X.
O personaxe do chapeu é un burgués, no que se autorretrato Delacroix a pesar de que non participou nos feitos.
A figura da Liberdade (que recorda a algúns a Venus de Milo e a outros a Vitoria alada de Samotracia) porta dous símbolos revolucionarios: o gorro frixio e a bandeira tricolor, que o novo réxime adoptou. En segundo plano, á dereita do espectador, atopamos Notre-Dáme de París, nunha de cuxas torres ondea a bandeira revolucionaria, quizais para afirmar o sometemento da igrexa, que fora un dos apoios da restauración borbónica.


Composición

Só esta cheo o ángulo esquerdo marcado por unha diagonal. A figura feminina oponse e marca unha aspa. Rompe co triangulo e a centralidade dos clásicos, a vez que impulsa ás figuras cara o espectador.
Cores e formas opóñense ao servizo da acción, da vida en marcha que pretende o lenzo.
As liñas das figuras están esvaídas por ricas e coloridas pinceladas, orixinando os valores cromáticos ou pictóricos.
Delacroix é un apaixonado da obra de Rubens e compón coma no Barroco. Traballa a base de fortes efectos : vermellos, verdes, negros.
Dende o punto de vista estético desaparece el equilibrio clásico, o estatismo marcado polo rigor da simetría ou a tradicional centralidade dos protagonistas. As cores e formas opóñense ao servizo da acción, da vida en marcha que pretende o lenzo.

1 comentario:

  1. Este cadro sempre me gustou moito. Confésome unha ignorante na materia, pero dende a miña mente observadora prendeume a capacidade de lider que ostenta esa muller.
    E agora coa explicación que ti lle pos, xa teño mais motivos para seguilo admirando.

    ResponderEliminar