lunes, 25 de enero de 2010

A balsa da Medusa


Theodore Gericault

A balsa da Medusa


Óleo sobre lenzo 491cm x 716cm


Museo do Louvre 1819-24.


Comentario
Despois do naufraxio do barco Medusa en 1816 máis de 100 persoas encontráronse flotando á deriva nunha balsa improvisada ao longo de varios días de horror, fame, canibalismo e asasinatos, un barco rescatou só quince superviventes.
Aquel dramático suceso orixinou un soado escándalo contra o Réxime. Obsesionado pola traxedia, Gericault aplica na Medusa por primeira vez a escala heroica á representación do sufrimento de homes correntes. Pinta unha traxedia contemporánea na que non hai heroes, senón heroísmo de seres anónimos que sofren a desidia e corrupción do poder.
O lenzo contén detalles moi realista e amosa o gusto romántico polo excepcional e o horrible.
A monumentalidade tráxica dos personaxes fai que nos lembremos de Miguel Anxo, o dramático claroscuro e a forza plástica dos mortos a Caravaggio. Todos estes elementos subordínanse a unha composición poderosa e dinámica de dous ritmos in crescendo que cruza a escena diagonalmente en sentidos opostos: Un, desde a figura resignada que na esquerda terma dun cadáver ata os náufragos que, espertando da súa apatía, amoréanse na pirámide de base inestable, que remata nun esvelto negro que axita frenético un trapo cara ao horizonte onde se albisca o barco de rescate. Outro, o vento que desde o cadáver da dereita infla a vela, impulsándoos dramaticamente en sentido contrario.
A liña visual do espectador atópase na parte baixa do cadro, de maneira que o espectador enfrontase directamente cunha mestura de cadáveres e coa dor do vello ante o corpo do fillo morto.

3 comentarios:

  1. Conocía el cuadro,pero solo eso.
    Hoy ya sé un poco más.Gracias

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. É un cadro extraordinario, que analizaches dunha forma maxistral. Tiven a oportunidade de velo e quedei maravillado. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Se non lembro mal Geriacault construiu no seu estudio unha balsa que lle servira de modelo, ademáis entrevistouse cos supervivintes da traxedia ... A realidade esta presente incluso no proceso de creación ...

    ResponderEliminar