jueves, 28 de enero de 2010

Os desposorios dos Arnolfini



Jan van Eyck, 1434
Museo: National Gallery de Londres
Características: 81,9 x 59,9 cm.
Material: Óleo sobre taboa
Estilo: Pintura Flamenga primitiva s. XV


Esta pintura amosa o virtuosismo da técnica do óleo, capaz de transmitir con todo detalle a presencia física dos obxectos e expresar os ideais dunha mentalidade burguesa e laica.

Jan van Eyck pintou o cadro en 1434, como consta na inscrición que se atopa sobre o espello "Johannes de Eyck fuit hic 1434".
No ton xeral da obra sospeitase que representa a voda de Giovanni Arnolfini e Giovanna Cenami. No espello vemos aos dous cónxuxes de costas e outras dúas figuras emprazadas fóra da pintura (no espazo do espectador), o pintor e outra persoa actuando de testemuñas.

No contexto dun rito nupcial privado aparecen obxectos esparexidos pola estancia, sendo cada un o que son, toman unha presencia significativa, un contido simbólico: a lámpada ten unha única vela prendida; o can actúa como signo de fidelidade; as froitas a carón da fiestra citan a pureza da alma humana en gracia, e mesmo a do sacramento matrimonial; o zapatos no chan, lembran o pacto do Sinaí entre Deus e Moisés (que se descalzou para trepar terra sagrada); o rosario e o espello suxiren pureza -speculum sine macula- e no marco están minuciosamente talladas dez escenas esmaltadas da Paixón que citan un motivo relixioso na estancia profana. Na cabeceira do leito a talla de Sta. Margarida sobre o dragón representa á protectora dos partos.

Dende o punto de vista artístico hai que salientar a individualización dos personaxes. A precisión das calidades dá conta da riqueza e status da parella tanto nos mobles da cámara coma nas suntuosas teas que visten para a ocasión.

Jan van Eyck articula o espazo figurativo como a prolongación do espazo real do espectador, servíndose tanto de elementos lineais (perspectivas) de mobles e teito, leito e fiestras, como dos planos alternativamente claros e escuros, pero sobre todo do recurso sutil de pintar o espazo do espectador no espello. Preocúpase ademais de recoller coa súa mirada unha imaxe completa de toda a realidade que percibe. Mira todo por igual e retrata coa mesma atención aos seus clientes, a estancia e os obxectos que se atopan alí.

A luz que penetra dende a fiestra do lado esquerdo une sen brusquedade todos os ambientes e da harmonía orgánica a todos os componentes do cadro; rostros, roupas, mobles, etc. É a luz que acaricia as superficies das cousas a que define toda a atmosfera.

2 comentarios:

  1. Excelente texto y bonita imagen,
    un placer pasar por tu casa
    feliz semana
    un abrazo.

    ResponderEliminar
  2. Jan van Eyck es el pintor flamenco más importante de la época y el cuadro que nos traes uno de los más conocidos

    Bicos

    ResponderEliminar