miércoles, 25 de noviembre de 2009



Gran Nu nunha butaca vermella, Pablo Picasso
1929.
Óleo sobre lenzo. 195 x 129 cm. Musée Picasso. París. Francia.



Este cadro fere a mirada pola súa composición contrastada, as súas cores crúas e violentas, o seu grafismo irregular, duro, sen graza, a materia pictórica espesa e gretada.


A muller
está escangallada nunha butaca vermella de formas envolventes cuxo asento e brazo dereito están cubertos por unha tea branca que cae ata o chan con grandes pregues. A muller ten a cabeza botada cara atrás, o brazo esquerdo levantado por riba do respaldo enmarcando a cabeza, o brazo dereito comodamente apoiado, as pernas cruzadas, as coxas amplamente separadas. Mirando ben, non é o brazo dereito o que está sobre o brazo da butaca, é a perna dereita, xa que este membro está unido a pelve, e non o ombreiro. O pintor quere facernos aproveitar a alternativa e reproducir o movemento por iso tan pronto estira a perna ante si como apoia sobre o brazo da butaca, o cal bascula a pelve e abre o sexo.
O tema central do cadro é a pelve que xira sobre o seu eixo e este xogo de pernas, mentres o embigo serve de eixo ao engrenaxe de curvas e contracurvas (nádega-brazo de butaca, etc.). As pernas estiradas diante organízanse coas verticais e as liñas oblicuas dos pregues da tea branca.
Na parte superior do corpo dúas formas malvas, a dereita máis escura, pode ser unha bufanda ou unha camisa entreaberta, deixando aparecer os peitos. Así pode explicarse as formas estreitas do busto.
A cabeza enmarcada polo brazo é particularmente horrible. Un cacho de carne. Dous puntos negros para os ollos, sen mirada, dous pequenos buracos para indicar o nariz, a queixada aberta con todos os dentes.
Esta muller ouvea, poida que só bocexe, pero non, berra. Berra de pracer..., é evidente: ese movemento da pelve, esas coxas amplamente separadas, ese sexo aberto...


Composición:


Non facilita ningún descanso ao ollo. Todo está aí brutalmente afirmado. A verticalidade primeiro con esa gran cinta branca a dereita que vai case de arriba a baixo e esténdese horizontalmente cara a esquerda por unhas cintas laranxas máis estreitas, para atoparse de novo reafirmada, sempre en laranxa, no extremo esquerdo despois de haber pasado tras a grande forma central. Arriba, no ángulo esquerdo, un case cadrado gris violentamente enmarcado de amarelo afírmase con autoridade. Debaixo deste cadrado, o borde branco da forma central leva verticalmente ao marco laranxa citado antes. Entón dámonos conta de que se trata do mesmo cadrado, atenuado pola sombra e en parte oculto. No ángulo inferior dereito un pequeno cadrado escuro repite a verticalidade do vermello e replica diagonalmente ao gran cadrado enmarcado de arriba.

Segundo a outra diagonal (ángulo superior dereito, ángulo inferior esquerdo), e ben calada por esta rede de verticais e horizontais, desprégase a forma central, toda composta de curvas e cravada nun triángulo branco solidamente instalado sobre a base horizontal.
Se entornamos con forza os ollos, percibimos a disposición xeral das formas: un estreito rectángulo vertical á dereita, un cadro arriba á esquerda, un gran triángulo nos dos terzos da dereita, formado pola tea branca pregada. Unha especie de gancho rosado e algunhas pequenas formas redondeadas realizan a unión entre estes tres polos.


As cores
corresponden a ese efecto de agresión da forma central polo seu entorno: a vertical branca da dereita aproveita o negro que estrema con ela; o cadrado da esquerda berra co seu marco amarelo vivo e o triángulo disfruta do máis amplo dos brancos, aínda que atenuado polo trazado dos pregues. A forma central, xa debilitada polas súas curvas, só ofrece un rosa algo insípido e uns malvas dunha delicadeza bastante inesperada pero fráxil. O vermello e o verde manteñen unha relación rinchante.

Bibliografía: Ver y comprender la pintura, Bernard Rancillac

4 comentarios:

  1. Ufff filla, si que ye ves cousas. Eu tamen dudaba entre si bocexe ou berraba. Este e o tipo de arte que menos entendo e menos me gusta. Aunque sempre que vou algunha exposicion de este tipo salgo contenta. Non estasiada, pero pensando que habia descuberto mais cousas das que eu pensaba.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  3. Eliminei o comentario de Pedro MA porque non me gusta que me acusen de plaxio sen ser certo. Na entrada que fixen de Hopper as imaxes dos cadros busqueinas no Google en imaxes e as primeiras que apareceron copieinas para poder polas e comentalas, os comentarios eran meus, para facelos utilizo a Summa Pictórica de Planeta e neste autor utilicei Grandes mestres da pintura moderna de Laurence Debecque-Michel da editorial Circulo de Lectores.
    Considero que nunha entrada de arte onde copiaches as obras que por suposto son de Hopper non é ningún plaxio porque os comentarios que estaban acompañándoas eran meus, sinto moito que Pedro MA se sentise ofendido e para evitar problemas e malas interpretacións eliminei a entrada de Hopper, noutra ocasión sacarei unha nova.

    ResponderEliminar
  4. Pero si as imaxenes estan na red pa que has copien todos, vamos, eu non voy scanear algo igual de un libro si xa o teño en internet. Non sei que quere. Todas has imaxenes que hay de pintura son copias, creo que os orixinales estan nos museosssss. Sigue deleitandonos Dalaida

    ResponderEliminar