lunes, 28 de septiembre de 2009

Vermeer - I


A moza da perla, 1665, Óleo sobre lenzo, Mauritshuis, Países Baixos


A moza da perla ou Rapariga con turbante é unha das obras mestras do pintor.Como o nome implica, utiliza un pendente de perla como punto focal. Ás veces denominada como "a Mona Lisa do Norte" ou "a Mona Lisa holandesa".
O encanto deslumbrante desta pintura imana quizais do que é a vez evidente e intrigante. Vermeer utiliza pouco a definición dos contornos o principio xeral ao que recorre é a da aplicación dunha cor básica modelada mediante o engadido de veladura. Nun universo tan limitado como o deste busto unha vez máis, favorece a continuidade dos espazos. Os ollos, os beizos e o nariz non están delimitados, non están contornados senón modelados pola luz. Esta preocupación polas transicións é evidente na maneira de tratar o contorno do claro rostro despegado do fondo. Sobreimpresiona en certo modo este límite, que suaviza a relación entre as dúas zonas e estende o resplandor da cara ao espazo que a rodea. As sombras maniféstanse mediante unha veladura colocada sobre a cor do obxecto representado, mentres que a unidade así obtida actúa sobre a materia coloreada ata tal punto que o azul do turbante tórnase cálido, ou que o branco dos ollos e o da perla difundan a súa luz.




O xeógrafo, 1669

Instituto Städel, Frankfurt
Mostra ao científico no medio do lenzo como motivo central. O xeógrafo leva o pelo longo recollido detrás da orella e está vestido cunha toga longa. Sobre a mesa, en primeiro plano, hai un mapa e unha manta empregada para estender os mapas. Sobre o armario do fondo hai un globo terráqueo. O científico comproba con axuda dun compás unha distancia no mapa, pero nese momento mira pola fiestra. A luz dálle na cara, o que indica iluminación e sabedoría. A toga da ao xeógrafo un aire de misterio, o que debe entenderse como unha percepción do científico xeneralizada na época.



A palilleira, é unha das pinturas máis coñecidas do pintor .
Óleo sobre lenzo, montado sobre madeira.
Calcúlase que foi pintado cara a 1669-1670.
Mide 23,9 cm de alto e 20,5 cm de ancho.
Museo do Louvre de París.


Neste caso, trátase dunha moza dedicada ao encaixe, eslombada sobre o seu traballo. A súa mirada concéntrase no labor e no movemento das mans, que manipulan habilmente bobinas, alfinetes e fío. O tema da palilleira é frecuente na literatura e a pintura holandesas, como representación das virtudes femininas domésticas. Esta representación da virtude refórzase na obra a través do pequeno libro cuberto por tapicería sobre a mesa. Aínda que o libro non ten trazos que o identifiquen, case con seguridade é un libro de oracións ou unha pequena Biblia. A ambientación redúcese ao mínimo: un coxín con fíos no primeiro plano, a palilleira no segundo e un fondo monocolor. Vermeer suxire a total concentración da palilleira no seu traballo a través da súa postura forzada e o amarelo limón da súa roupa, unha cor activa e psicoloxicamente intensa. Ata o seu peiteado representa en parte o seu estado físico e psíquico, pois está firmemente suxeito pero, ao mesmo tempo, flúe nos seus rizos . Os claros toques de luz que iluminan a súa fronte e dedos salientan a precisión e claridade de visión que require esta arte tan esixente do encaixe. O cabelo e as mans nacen da luz que, a diferenza da maior parte das obras de Vermeer, entra pola dereita, e non pola esquerda.


Muller sentada ante a espineta 1674-75
Óleo sobre lenzo - Barroco 51,5 cm × 45,5 cm
National Gallery de Londres


A protagonista do cadro é unha nova muller deliciosamente vestida, que toca unha espineta decorada (ás veces fálase dun clavicordio ou dun virxinal), sentada no interior dunha estancia: en liña coa elegancia dos vestidos da moza, tamén o que a rodea é ornamentado e rico, aínda que a vista limítase a unha soa esquina da estancia.No primeiro plano púxose un cordófono de arco; sobre a parede do fondo, un cadro.
Como noutras obras tardías de Vermeer, perdeuse a frescura, convertendo o sistema de distribución dos obxectos no espazo nun estereotipo. Aparece, ademais, un fondo con sombras de negro profundo. Neste cadro xa non é a luz a protagonista, cando nas súas obras anteriores o argumento do cadro era, en realidade, «a penetración da superficie dos obxectos pola luz». Debido a estilización que presenta este lenzo considerase o derradeiro pintado por Vermeer. Aquí o pintor deixa de lado a reprodución precisa e evocadora das materias pola utilización dos resaltos anchos e moi aparentes, que parecen impostos aos obxectos (no marco, a aresta do respaldo da cadeira e a fronte do personaxe. A muller parece inexpresiva e os seus brazos son case amorfos.

4 comentarios:

  1. Sen entender moito de pintura, sempre me gustou moito Vermeer, o primeiro cuadro que pos na entrada sempre me pareceu moi fermoso, quizais pq. me parece unha ollada preciosa.

    Biquiños nena!

    ResponderEliminar
  2. Te digo lo mismo que en el otro blog.Vengo la aprender.Antes Fue Ingres.Hoy Vermeer

    Boquillas

    ResponderEliminar
  3. Hola!!
    Preciosos cadros.
    Hai unha peli sobre este pintor e unha historia que xira entorno o cadro da Moza da perla. A moza era Scarlet Jhojanson (creo q se escribe asi), a verdade é que a carazterizaron moi ben,parece tal cual. Non lembro o nome da peli,jejejeejej.
    Besiños!

    ResponderEliminar
  4. Encantame Vermeer, tuven a sorte de ir a velo o Museo do Prado, e quedeime alucinada. Os seus cuadros con escenas domesticas, a luz que teñen, os detalles... todo. Gracias por o detalle. Un saudo

    ResponderEliminar