lunes, 21 de septiembre de 2009

Ingres

Jean Auguste Dominique Ingres, (Montauban, 29 de agosto de 1780 - París, 14 de xaneiro de 1867), pintor francés.

O seu estilo de pintura chamouse:"Ingrismo".
Ingres non é neoclásico nin académico, senón un fervente defensor do debuxo. Resulta á vez clásico, romántico e realista . Ingres constitúe un claro expoñente do romanticismo en canto aos temas, o trazo abstracto e as tintas planas de intenso colorido . Algunhas das súas obras enmárcanse no chamado «Estilo trobador», inspirándose no ideal estético grego e gótico, ademais de nas miniaturas dos libros de horas de Fouquet. Igualmente, é exemplo de orientalismo, pois moitos dos seus cadros, especialmente espidos femininos, están dominados por un sentido irreal do exotismo propio do século XVIII.

A súa obra divídese, esencialmente, en tres xéneros:
* A pintura histórica, sobre todo a partir da súa estancia en Italia. A modo de exemplo, Xuana de Arco na coroación de Carlos VII (1854, Museo do Louvre, París). Nestas obras Ingres continuou o estilo de David .
A morte de Leonardo da Vinci (1818, Petit Palais, París) é un exemplo deste estilo trobador adoptado por Ingres dentro deste xénero . Outro exemplo desta época é "A imposición do Toisón de Ouro ao duque de Berwick" (Madrid, Palacio de Liria), única pintura súa conservada en España.

* Os retratos, aínda que el considerou este xénero como menor durante a súa mocidade. Exemplos: o de Mademoiselle Caroline Rivière (1806, Louvre), o de Monsieur Bertin (1832, Louvre) ou Madame Moitessier (1856) (Galería Nacional de Londres). Ingres converteuse no retratista refinado da nobreza e a alta burguesía, que accedera ao poder durante a monarquía de xullo.

* Os espidos femininos, de liñas sinuosas, debuxo exacto e pureza de formas. Algunhas das súas obras máis importantes son:
O Gran bañista (chamada A bañista de Valpinçon,1808, Louvre), ou A gran odalisca (1814, Louvre), ou O baño turco (1862, Louvre).



Napoleón no trono imperial (1806)

Este cadro ten un carácter pomposo e oficial. Napoleón parece representado aquí como emperador herdeiro do Sacro Imperio romano-xermánico, portando os cetros carolinxio e romano, así como o manto de púrpura e armiño. Esta figura remítenos á de Xúpiter e Tetis.


Venus Anadiómene (1807)

Nestes anos as súas obras son fortemente rafaelescas, aínda que fronte a isto atopamos unha certa brandura influencia de Correggio. Esta obra non se parece en nada ás de David de décadas anteriores. O Neoclasicismo toma agora un carácter máis estético e desvinculado das ideas políticas.



Edipo e a esfinxe (1808)

Nesta obra temos o ideal estatuario de beleza, pero cunha composición escultórica e un modelado pola luz moi claro. A paisaxe resalta a escultura. Neste segundo momento do Neoclasicismo os pintores volven a mirada cara a mitoloxía grega.


Bañista Balpinçon (1808)

Neste cadro aparece representada unha muller no baño. A modelo aparece de costas, presenta unhas costas longas, e coa cabeza cuberta cun turbante, mostrando un gran dominio das curvas.

A Ingres non lle interesa sinalar a psicoloxía da retratada senón a beleza do seu corpo. A cor aparece rexido por ocres, grises e brancos, facendo tamén presencia un vermello mate, no que se fai patente unha renuncia á brillantez da cor



Júpiter e Tetis (1811)

Aquí recóllese o modelo de muller característico de Ingres, na que deforma os trazos anatómicos facendo unhas costas máis alargadas, alargando tamén o pescozo e a liña do nariz prolóngase coa fronte, reproducindo o perfil ideal grego.

Esta deformación dos trazos persegue con todo a idealización da beleza. Destaca tamén o contraste entre o tamaño das figuras, representando un sentido da masculinidade e feminidade. Un aguia, símbolo de Zeus, completa o triángulo compositivo, tipicamente neoclásico. As formas teñen unha condición estatuaria. No relevo inferior aparece representada a Xigantomaquia.



Rafael e a Panadeira (1814)

Este cadro estrea un xénero novo que permite a transición entre o Neoclasicismo e o Romanticismo, baseándose en Géricault, o chamado ``estilo trobador'', que trata de representar o ocaso da Idade Media. Aquí faise unha homenaxe a Rafael e ao seu modelo de muller, a Fornarina, modelo e amante do pintor.

O autor fai fincapé no debuxo, cunha pintura fortemente estilizada, característica do estilo trovadour. Realiza tamén unha recreación histórica do estudo do pintor, véndose pola fiestra un palacio romanoflorentino do século XVI, un tondo coa Virxe apoiado na parede do fondo e un lenzo cunha pintura da Fornarina/Panadeira, que ten o mesmo aspecto que a muller. As figuras teñen un carácter moi idealizado, con formas ovaladas. A cor utilizada aquí é máis viva, facendo presencia a vermella, pero someténdose sempre ao debuxo.



A grande odalisca (1814)

Este trátase dun tema dacabalo entre o Neoclasicismo e o Romanticismo. Ingres fai uso del nunha versión máis repousada, sen a calor romántica e en aras do ideal de beleza feminina. As costas atópanse alargadas dun xeito antinaturalista idealista propio de Ingres

A figura sitúase aquí á esquerda do cadro, pechando a curvatura das costas a composición, equilibrándose á esquerda coas curvas dun cortinaxe.



Vizcondesa de Senon/Madame de Sennoues (1816)

As obras retratistas de Ingres son sempre representacións da nobreza europea.

Aquí fai emprego do recurso do espello, co que se proporciona unha imaxe dobre da retratada, por detrás e por diante. Isto permite unha maior sensación de profundidade da obra e unha maior información sobre a figura, dun modo similar ao da Venus do Espello de Velázquez. Tamén serve para xerar esa ambigüidade existente nos retratos de Ingres, nos que non se pretende realizar unha análise psicolóxica da retratada, senón que só se busca a representación da beleza ideal.

A figura preséntase cun lixeiro escorzo dos ombreiros e unha posición variada das mans, cun maior movemento. O vestido mostra unha gran abundancia de pregues (isto terá unha influencia posterior en Madrazo), prestándose especial interese á representación da calidade das teas.


Odalisca con escravo (1839)

Nesta obra búscase unha recreación ambiental, ademais da representación do tema das odaliscas no harén, o que nos remite ao mundo turco. Tamén aparecen representados aquí instrumentos musicais.

A composición é perfecta, pero ten un exceso de frialdade que é reprochado polos románticos. O modelo feminino que aparece aquí é o característico de Ingres, presentando na súa figura un xogo de curvas e contracurvas.

A pesar da súa frialdade, Ingres influirá en gran medida en autores posteriores como Degas e Picasso.




Condesa de Haussonville (1845)

Este é un retrato dun membro da nobreza. O ademán infantil co que aparece representada rexuvenece á modelo. Aquí Ingres recorre de novo ao recurso do espello, do mesmo xeito que no Retrato da Vizcondesa de Senon, pero neste caso a figura aparece lixeiramente máis escorzada. Neste cadro aparecen máis concesións realistas, como as flores. A modelo aparece nunha postura moi estudada e coa curvatura do pescozo moi marcada. A cor ten un carácter moi lavado, destacando a variante de azul presente no espello, intentando presentar unha ampla gama de tons a pesar do uso de cores apagadas.


O baño turco (1862-1863)

Neste cadro aparecen poucas notas de cor, con só algúns vermellos nos turbantes do pelo ou na alfombra do primeiro plano. Nesta obra Ingres representa formas femininas xa presentes en obras anteriores como A bañista Balpinçon, A Gran Oalisca, Perseo e Andromeda... Así todas as mulleres representadas constitúen variantes do mesmo ideal de beleza.

A forma circular do tondo é típica do Renacemento. A pesar desta, a composición non é circular, senón estable, organizándose en liñas paralelas. Os corpos das figuras móstrannos tons case brancos.

1 comentario:

  1. Los cuadros que más me han gustado han sido

      Embajador en el trono

      Balpinçon Bañista

      La gran odalisca

      y Condesa de Haussonville

      besos

    ResponderEliminar