miércoles, 25 de marzo de 2009

A Anunciación


Autor:Leonardo dá Vinci
Data:1473-75
Museo:Galería dos Uffizi
Características:97 x 213 cm.
Material:Óleo sobre táboa
Estilo:Renacemento Italiano



Desde que se coñece esta táboa coa Anunciación, creuse que era de Doménico Ghirlandaio, un excelente pintor contemporáneo de Leonardo da Vinci. Pero en 1867 descubríronse datos, debuxos, bosquexos que permitían atribuír o cadro a Leonardo. Foi un encargo para o convento de San Bartolomé en Monte Olivetto, de onde pasou aos Uffizi tras coñecerse o seu verdadeiro autor. É posible que ambos pintores traballasen xuntos na pintura, ou que se trate dunha obra do taller de Verrocchio, reservándose a paisaxe de fondo para Leonardo. Esta última hipótese baséase en que o pupitre onde a Virxe está lendo así como as arquitecturas detrás dela son deseños típicos de Verrocchio.
A composición está dividida en dúas metades desiguais. Unha é a metade que ocupa o anxo, apoiado polo xardín e as árbores de fondo. A outra é a metade da Virxe, apoiada por edificios e elementos arquitectónicos. O xeito de dar unidade a estas dúas metades é dobre. Por unha banda, a acción: o anxo inclínase cara á Virxe no saúdo, xesto ante o que María reacciona. Ademais, tras os dous personaxes, un muro corrido, que tan só se interrompe para enmarcar a man do anxo que saúda e a vara de azucenas, unifica a escena, que deste xeito posúe un continuo espazo-temporal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario