miércoles, 22 de julio de 2009

Pranto ante Cristo morto


Capela scrovegni. Padua, parede esquerda, andar 3º, escena 3ª. Cronoloxía 1304-1306
Dimensións: 2 m x 1,85 m


A dirección das miradas como elemento de unidade da escena e de reafirmación do centro temático. Xeometría básica do rectángulo inferior.



Xogo e disposición de liñas rectas. Xogo e disposición de liñas curvas

Esquema básico da composición. Disposición escalonada das figuras


Ata o século XIII é requisito indispensable era que os artistas queden no anonimato. Arquitectos, escultores e pintores traballan nunha obra común sen tratar de singularizarse. As súas diversas personalidades fundíanse nun estilo común, aportando como moito matices persoais.



Coa chegada de Giotto todo cambia e foi considerado desde entón como o primeiro pintor de pleno dereito da historia da pintura.

Giotto disfrutou en vida dunha consideración prodixiosa e sen precedentes. A súa influencia proseguirá ao longo de varios séculos. Agora ao nomear un cadro xa non se cita o nome do seu propietario ou da cidade que o garda, agora dirase un Giotto, como máis tarde un Picasso...
Giotto creou un estilo el só.

Iconografía:

O Giotto coloca en torno ao corpo de Cristo, ás tres figuras principais: a Virxe abrazando ao seu fillo, a Madanela aos pés e san Xoán xesticulando de pé, ademais están as santas mulleres e Xosé de Arimatea e Nicodemo. Na zona superior, no ceo, un grupo de anxos . A escena desenvolvese nun marco natural.

Estudo técnico e valoración estética

No "Pranto ante o Cristo morto" a composición está determinada polo corpo de Cristo que é o centro iconográfico aínda que non coincida co centro físico , isto supón unha ruptura coa habitual simetría e frontalidade medieval. As figuras aglutínanse en torno ao corpo de Cristo, cun maior predominio no cuadrante inferior esquerdo, situándose nun espazo terreal. No espazo superior, no ceo, un grupo de anxos participan do drama da morte do Redentor. Entre ambos os dous grupos hai un espazo baleiro e un elemento material, unha montaña, que separa e une a vez os dous mundos, pois o disporse en diagonal enlázaos por medio da árbore situada por riba. A escena organízase en dous grandes rectángulos conectadas por medio dun gran triángulo debuxado polo cume da montaña.

No rectángulo inferior hai unha disposición graduada dos personaxes en tres planos de altura. No primeiro plano as posturas son sedentes, ademais do corpo de Cristo, no segundo plano están a Virxe e a muller que se inclina para coller as mans de Cristo. No último plano as figuras de pé ou algo inclinadas cerran o rectángulo. Con esta colocación o autor pretende construír unha profundidade espacial que rompe co gótico. Todas as figuras están a tamaño natural e lóxico, móvense facilmente dentro do espazo; no primeiro plano, dos personaxes de costas nos que interesa o volume, sendo este un recurso típico do autor que contribúe a ruptura da frontalidade.


Os anxos do rectángulo superior, aínda que tamén se localizan en tres planos, presentan unha disposición medieval, con volumes superpostos sobre un fondo plano.


Nas figuras, coa súa disposición, nos seus xestos o pintor ten presente a liña recta e a curva. Ao utilizar a liña recta e a curva tanto en detalles secundarios como nas liñas mestras non resulta contraditorio, pois está en función dos distintos aspectos da composición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario