jueves, 29 de enero de 2009

A MULLER NA ESCULTURA GREGA III





Praxiteles, que naceu en Atenas, modela figuras en mármol ou bronce, compoñendo formas brandas e suavizando as liñas con curvas delicadamente fermosas, nas súas obras percíbese a calidade da pel humana. Evita as rectas e rugosidades, o transito da luz á sombra faise insensiblemente, logrando un efecto pictórico, o denominado sfumato. As figuras aparecen desta maneira suavemente sombreadas. As superficies non son lisas, senón que se ondulan con suaves desniveis que se aprecian máis ao tacto que á vista. O claroscuro ten un papel importante na súa arte. O peinado forma grandes guechos, acentuándose ao contraste luminoso. Típica deste escultor é a chamada curva praxitélica. Foi o primeiro autor que se atreveu a ofrecer unha figura feminina totalmente espida: a súa celebérrima e desaparecida Afrodita de Gnido.
Friné serviulle de modelo a Praxiteles para algunhas das súas obras e en especial para Afrodita de Gnido, de mármore de Paros, representa a Afrodita espida, tomando un baño, co corpo descansando sobre a perna dereita e coa man esquerda apoiada nun pano e nunha hidria. Esta deusa fora ata entón representada vestida, como no friso do Partenón, ou con túnica transparente, como na obra de Alcamenes. Esta obra era das esculturas máis coñecidas na Antigüidade. Plinio xúlgaa como a mellor de todo o orbe. É o prototipo de perfección feminina, cun marabilloso modelado de busto e costas, e corpo sobrio e macizo.
Tamén fixo figuras femininas vestidas, cuxo estilo podemos ver reflexado na obra dos seus discipulos como Demeter de Cnido donde se perpetúa o tipo arcaico de divinidade sedente. A Venus de Arles e a Artemisa de Gabies.
O artista decantouse por esculpir deuses da segunda xeración olímpica: é dicir os fillos de Zeus: Hermes, Apolo, Afrodita, Ártemis, Dioniso. E algúns outros personaxes, como sátiros, onde se aprecia igualmente a beleza xuvenil. Polo menos iso é o que mostran as copias romanas conservadas. Todas estas representacións teñen en común a beleza dun corpo novo perfecto, fóra dunha representación de Dioniso que o mostra menos nova, totalmente cuberto cunha longa túnica e barbado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario