miércoles, 21 de enero de 2009

A MULLER NA ESCULTURA GREGA (As Korais)









CARÁCTERES X
ERAIS:

A partir do século VII a.n.e., a temática céntrase na figura hum
ana. Tamén fai a súa aparición a gran escultura, campo idóneo para a plasmación do ideal antropomorfo do carácter heleno.

Tres períodos podemos distinguir na evolución da escultura grega:

a) Arcaico: ata o 480 a.n.e. (batalla de Salamina).
b) Clásico: ata o 313 a.n.e. (morte de Alexandre).
c) Helenístico: ata o 146 a.n.e. (dominación romana).

Na época arcaica grega empeza a gañar importancia a representación en función dos trazos físicos e comeza a apreciarse o que nun futuro será o sentido da arte para os gregos, romanos, renacentistas, barrocos academicistas e algúns artistas comtemporáneos, o sentido da harmonía e a proporción.
Aínda que nun nivel apenas apreciable as korais gregas intentan mostrarnos a idea de beleza da época, o sentido de fertilidade segue en pé pero perde forza ante aquilo que conduce a unha figura harmónica. Nestes casos as mozas representadas non posúen bustos enormes como nas primeiras representacións do canon da muller senón que empezan a representarse xa mulleres cos peitos máis pequenos en equilibrio coas proporcións do torax. Polo demais as cadeiras si que seguen sendo anchas, pero xa non esas exhorbitantes cadeiras das primeiras esculturas.

Desde o cabelo tratado dunha forma esquemática, os ollos almendrados e enormes e o típico sorriso arcaico. O estatismo unha vez máis, a rixidez da representación e xa que logo a absoluta falta de movemento. As figuras aparecen vestidas, envoltas nunha longa e cinguida túnica (xitón) enriba da que hai un ancho manto (himation) e un corto manto (peplos). Estas prendas forman infinidade de dobras, dispostas en paralelo, zigzag ou abanico. Normalmente teñen unha man libre, a outra lévana nas cadeiras, coa que levantan o vestido. Algunhas figuras portan unha cesta na cabeza. Hai dous estilos o dórico caracterizase pola solidez, case arquitectónica, do corpo. No xónico prevalece a graza e a elegancia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario