miércoles, 16 de septiembre de 2009

O Parasol/A Antuca


O Parasol (104 cm x 152 cm) Francisco de Goya
óleo sobre lenzo - Rococó. 1777
Museo do Prado




Iconografía:
Posiblemente sexa o Parasol un dos cartóns para tapiz máis rechamantes dos pintados por Goya. Nel fai un fermoso canto á mocidade, centrando a súa atención no sorriso da moza e no seu xesto sedutor, mirando abertamente ao espectador para facernos partícipes do galanteo; tras ela, un mozo quítalle o sol cun tornasol de cor verde, no mandil branco da moza aníñase un canciño negro cunha cinta vermella.


Aspectos formais e estéticos
En canto á composición, as liñas de forza debuxan case un triángulo equilátero no que se enmarca a moza. Esta figura xeométrica expresa unha gran serenidade. Doutra banda, todas as miradas converxen no rostro da moza, matizado por unha sombra filtrada de suaves tons verdes creados pola cor da antuca. O óvalo da moza é unha elipse regular e nela crúzanse dúas diagonais determinadas pola dirección da mirada do mozo e a liña do muro da esquerda, cuxa perspectiva forzar para que esta diagonal incida no buscado centro de atención do cadro.

A cor neste cadro, do mesmo xeito que o de todos os cartóns para tapices, é luminosa e contrastada de vivos tons, como no resto dos cartóns. Pero é un colorido no que destaca excesivamente o estudo lumínico. A cara da dama sitúase en primeiro termo, pero en zona de sombra. Os fortes contrastes de tons no ombreiro do mozo e a matizada difusión da luz sombreada no rostro da moza, están resoltos cunha mestría pouco común.

O que realmente interesa ao pintor é o contraste entre a luz directa e a luz que se reflexa a través do tornasol, como ocorre entre o rostro do mozo e o da dama.
O cadro é unha festa de cor. Afina ata lograr harmonías moi sutís. As dúas figuras quedan enmarcadas sobre unha melodía cromática na que predominan as cores verdes variadas e brillantes da paisaxe da dereita, que se contrapoñen aos tons máis escuros da esquerda. Onde o contraste e os matices logran a súa maior riqueza é nas figuras. Hai que salientar a cor verde do tornasol, o amarelo-ocre-marrón da chaqueta do mozo que leva un chaleco vermello, a mesma cor que o toucado da moza, a cor azul do corpiño nas súas gamas de pastel a ultramar, a amarela desbordante da saia, a branca que cobre a dianteira da saia, destacando a mancha negra do canciño enroscado, coa cinta vermella. Por último o reberete escuro de pel fai que resalte a luminosa cor da capa.

Función e significado
No Rococó o festivo e o galante constitúen os temas máis representativos, nos que sobresaen o papel que se lle concede á muller. O Rococó é a expresión artística do mundo en decadencia e descomposición, o Antigo Réxime estaba preto da súa desaparición

2 comentarios:

  1. Que burriño son.
    Pero da gustiño aprender de quen tanto sabe, e tan ben espón.

    ResponderEliminar
  2. Gracias por tu explicación, me ha gustado mucho. Una de mis debilidades es la pintura y leerte ha merecido la pena. Un saludo

    ResponderEliminar