lunes, 16 de febrero de 2009

A MULLER NA ESCULTURA GREGA IV

Ménade furiosa

Scopas (S. IV a. de C.) foi outro dous grandes escultores, nacera en Paros, e fixo obras para Asia Menor e o Peleponeso, decorando algúns edificios públicos, como o templo de Atenea en Texea e o Mousoleo de Halicarnaso.
Scopas caracterízase por revelar as interioridades da alma, como o amor, a sensualidade, a desesperación, a nostalaxia, a inquietude, ou desexo, etc. Tivo predilección polas representacións máis tráxicas. O seu ideal aparece ostensiblemente expresado na súa popularísima Ménade, que está posuída dunha furia dionisíaca. Nesta obra vese a tendencia sensualista do escultor.
A Ménade en pleno éxtase, semivestida, aparece nunha violenta contorsión, debuxando o seu corpo unha curva pronunciada, xa que está inclinada cara atrás, abrindo provocativamente o vestido por un só dos seus lados por efecto do violento movemento, coa cabeza elevada, torcida, mirando cara arriba, os ollos afundidos e o pelo rizado caendo por detrás. Rompeuse a serenidade e o equilibrio fidíaco mediante a plasmación do frenesí da ninfa, xa que toda ela se move. De novo para os escultores gregos, a alma represéntase a través de todo o corpo. É destacable o traballo moi profundo dos panos que provoca violentos contrastes de luz e sombra, realizados coa técnica de "panos mollados" adheridos ao corpo, transparentándoo. Os beizos entreabertos e os ollos afundidos contribúen a aumentar o claroscuro da imaxe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario