jueves, 18 de febrero de 2010

Cidadáns de Calais



"Os burgueses de Calais" Auguste Rodin
1886-88. 210 x 240 x 190 cm. Bronce.
Musée Rodin, París.


Trátase dunha imaxe de vulto redondo, de grupo, realizada en bronce.
O monumento encargado pola cidade de Calais conmemora a toma da cidade polos ingleses.
Rodin apoiase nun relato existente: Eduardo III pediu a entrega da cidade sen condicións e prométeo clemencia se seis dos cidadáns se entregaban para dispor das súas vidas. Someteríanse á máxima humillación coa cabeza descuberta, descalzos, sen camisas, con cordas ao pescozo e as chaves de Calais na man.

A acción desenvolvese sobre un plano igual, cun aspecto case cúbico en vez de facelo en composición piramidal como viña sendo corrente coas esculturas en grupo. Está colocada case ao nivel do chan para que o espectador se introduza sen darse conta na escena que se desenvolve.

É un perfecto estudo psicolóxico das reaccións humanas ante unha mesma situación. Cada figura está individualizada, a expresión é diferente en cada un deles. Cada cidadán explica co seu movemento e o seu rostro un sentimento individual e diverso: Unha figura coa fronte levantada, altiva; outra entristecida, abatida, cos ollos baixos; outra figura que leva as mans á cabeza como desesperada.
Todo o conxunto ten unha contida emoción: avanzan graves, coma nun funeral, a expresividade dos rostros, os brazos descarnados, as vestimentas, os pés e as mans enormes e de gran forza, que parece que falan.
A obra é a negación do anecdótico; o escultor capta o valor eterno das actitudes e revela que, por riba da habitual evocación histórica, Rodin elévase cara o simbolismo do drama.

5 comentarios:

  1. Me encanta esos tipos de obras....el arte en general. saludos!

    ResponderEliminar
  2. La vi en persona y es realmente impactante. Ese escultor, Rodin, es divino. Me encanta.

    ResponderEliminar
  3. encantoume descubrir o teu blogue! Eu son un forofo da arte desde que estudei historia da arte no instituto. O ano pasado fixen unha viaxe a Paris e non dubidei en facer unha ampla cobertura fotografica do Louvre entre outros sitios; Se queres ver algunha foto non dubides en dicirmo.

    Un saúdo

    ResponderEliminar
  4. Grazas a todos por deixar comentario.

    Raíz_Verde grazas polo ofrecemento, procurarei lembrarme de ti se necesito para comentar algunha obra do Louvre e non a teño.

    ResponderEliminar
  5. La belleza siempre se agradece
    Saluds

    ResponderEliminar