jueves, 30 de julio de 2009


A vendima ou O Outono (1786-87)
Francisco José de Goya y Lucientes
Museo do Prado
Óleo sobre lenzo 275 X 190 cm.

Este cartón xunto a outros tres formaban parte dun programa iconográfico moi afín ao espírito do século XVIII: As catro estacións.
Representa no primeiro plano a un grupo de persoas. Un cabaleiro moi requintado, con roupa de cor amarela clara e cores pardas e coas medias brancas, coas pernas cruzadas e a man esquerda descansando nunha cesta de uvas, está sentado nunha tea azul cun reberete de cor bordeos. Ten a cabeza volta cara a esquerda, a cara tena de perfil e na man dereita ten un acio de bagos negros. Unha dama fronte a el de cute branca está sentada sobre unha tea branca estendida sobre o muro, leva un traxe negro con un pano de encaixe branco ao redor do pescozo e ten dúas mans suxeitando os acios que lle ofrece o cabaleiro. De costas, un pequeno con traxe verde, faixa de cor bordeos e zapatos amarelos, ten os brazos levantados intentando alcanzando os acios. Fronte ao rapaz, unha moza, vestida de amarelo verdoso e violeta escuro, de pé, por riba da cabeza unha cesta con acios. En segundo plano, un grupo de traballadores que están a facer a vendima. Ao fondo, cumes e montañas de cor púrpura completan a paisaxe.
O debuxo é moi coidado, as figuras teñen unha corporeidade escultórica. O esquema da composición é xeométrico, de estrutura piramidal. O acio é o motivo central da composición e tamén o elemento simbólico da pintura.
A cor é alegre e delicada, acorde co enfoque do tema. O ambiente da escena é amable e galante, na liña do rococó, tendente a idealizar a realidade.

2 comentarios:

  1. hola, un saludo desde Córdoba...a 43 grados...supongo que por ahí mas fresquitos.
    he visitado tus enlaces...gracias por visitar mi blog. desde hoy mismo te visitaré con frecuencia, tenemos temas en común...me agrada compartir y aprender.
    un saludo.

    ResponderEliminar
  2. Gracias Dilaida por visitar mi blog. Estás invitada a atizar la lumbre cuando te apetezca.


    Llego a este rincón lleno de arte y me da vergüenza...

    ¡Qué cosa más maravillosa!

    Un saludo DESDE y POR la izquierda.

    ResponderEliminar